Estimados pais/nais do club BVB (Boa Vila Basket)
Estas son as normas para realizar a INSCRICIÓN para a tempada 2023-2024:
A inscrición é INDIVIDUAL, e no caso de querer inscribir a máis dun membro da familia, tedes que cubrir unha matrícula para cada un dos deportistas.
- A cota de Inscrición anual será de 50€ (Esta cota é por deportista). E pasarase por domiciliación bancaria xunto coa cota de setembro.
- As cotas de abono mensual (Agosto/Setembro 2023 ata Xuño 2024) domiciliaranse, pasaranse á entidade bancaria a inicio de mes, sempre entre os días 5-10 de cada mes. Por iso deberedes de cubrir o formulario SEPA adxunto na inscrición.
ROGÁMOSVOS que ao cubrir o formulario ( debedes imprimilo, asinalo e escanealo) para que se envíe cos novos datos, este debe levar por título : "SEPA+ NOME COMPLETO DA DEPORTISTA/FAMILIA" para o seu correcto almacenamento. Envíadelo ao correo info@boavilabasket.com ou adxuntadeo á inscripción.
MOI IMPORTANTE: Lémbrase que o custo da actividade é anual, xa que se depende dun número mínimo de deportistas para poder realizar un ou outro equipo, así como para a contratación de adestradores e pago dos seus salarios e cotas de Seguridade Social, polo que ao inscribir ao deportista debe asumirse o compromiso de asumir o custo anual da actividade aínda que empezase mais tarde, non finalice a tempada ou decida darse de baixa a metade da mesma.
A tempada comeza o 14 de agosto de 2023 e finaliza a finais de xuño para as categorías infantil, cadete e junior. E comeza o 4 de setembro para as categorías minibasket ( babys, preminis e minis), finalizando igualmente a finais de xuño segundo dispoñibilidade de pavillón.
Descontos por irmáns: farase un 25% de desconto ao segundo/a irmán/á, un 50% ao terceiro e un 60% ao cuarto e sucesivos irmáns.
Imprescindible datos do titor para todas as inscricións ata os 18 anos
Contacto: 630.93.81.90 / info@boavilabasket.com
TARIFAS BVB TEMPADA 2023-24.pdf
Mandato SEPA BVB:CaixaBank.pdf
